CAAMAÑO, Begoña

Morgana en Esmelle / CAAMAÑO, Begoña - 1ª ed. - Vigo :Galaxia ,2012 - 211 p. - Literaria ;308 .

Unha novela que reescribe o mito cunha ollada contemporánea.

Logo do Ano Cunqueiro, Begoña Caamaño consegue propoñer unha ollada diferente sobre o mundo artúrico e a Terra de Miranda. Son os remorsos e as culpas sentimentos que nos acompañan toda a vida? Temos acaso dereito a esquecer os danos causados polas nosas decisións? Con preguntas semellantes, a chegada de Morgana racha a aparente serenidade coa que Merlín vive na fraga de Esmelle. Na novela de Begoña Caamaño, a medio irmá e amante de Artur entra na casa de Miranda en procura de respostas á súa infelicidade.

Coa súa dor e coas lembranzas de Merlín vaise tecendo o fío da memoria ata descubrir as razóns últimas da ruína de Avalon e da caída de Camelot. Morgana en Esmelle é unha reflexión en torno á responsabilidade de asumir as consecuencias non desexadas de cada un dos nosos actos. Un debate sobre a necesidade de adoptar compromisos incómodos e implicarse nos momentos históricos.

Sacrificada na loita entre dúas concepcións do mundo, Morgana interróganos sobre a lexitimidade das nosas razóns; mais, acaso a súa condición de vítima faina máis inocente?

Obra que reescribe o mito cunha nova ollada. Morgana en Esmelle

84498654122


Merlín--Leyendas
Rei Arturo


Literatura xuvenil-Narrativa
Literatura xuvenil--Novelas
Lingua e literatura--Narrativa
Lingua e literatura en galego
Lingua e literatura galega
Lingua e literatura galega (Literatura infantil e xuvenil)
Lingua e literatura galega (narrativa)
Lingua galega
Literatura Contemporánea
Literatura Contemporánea en galego
Literatura en galego - Textos para escolares--Relatos curtos--Pequenos relatos
Literatura en lingua galega--Literatura galega
Literatura galega--Relatos - Narrativa--Literatura galega
Literatura Universal--Novela
Literatura Universal - Narrativa--Novela

82-NG NARRATIVA EN GALEGO

Coa tecnoloxía Koha