Hosseini, Khaled

Mil soles espléndidos / Khaled Hosseini - 12ª ed. - Barcelona : Salamandra , 2007 - 384 p. ; 24 cm

Superando con moito o rotundo éxito de Cometas no ceo, a segunda novela de Khaled Hosseini saltou inmediatamente ao primeiro lugar en todos os países onde se publicou. Nova demostración do sorprendente instinto narrativo do autor, o libro conta a historia da amizade entre dúas mulleres cuxos destinos se entrelazan por casualidade e os trastornos que sufriu Afganistán nos últimos trinta anos.

Filla ilexítima dun rico home de negocios, Mariam medra coa súa nai nunha modesta casa nos arredores de Herat. Aos quince anos, a súa vida cambia drasticamente cando seu pai a envía a Cabul para casar con Rashid, un zapateiro malhumorado trinta anos maior que ela. Case dúas décadas despois, Rashid atopa a Laila, unha moza de quince anos sen fogar, nas rúas de Cabul. Cando o zapateiro lle ofrece acubillo na súa casa, que debe compartir con Mariam, comeza unha relación entre as dúas mulleres que acabará sendo tan profunda como a de dúas irmás, tan forte como a de nai e filla. A pesar da diferenza de idade e das diferentes experiencias que lles deu a vida, a necesidade de afrontar as terribles circunstancias que as rodean fará que Mariam e Laila forxan un vínculo indestructible que lles dará a forza necesaria para vencer o medo e devolverlle espazo á esperanza.

1º-2º BAC

9788498381221


Mundo árabe
Matrimonio
Mulleres


Afganistán

82-N

Coa tecnoloxía Koha