De Compostela a Braga e de Braga a Compostela : o Pío Latrocinio e outras vellas inimizades / Miguel Vázquez Freire
por Vázquez Freire, Miguel (1951- ) [autor/a].
Tipo: Materiais mixtosSeries: (Plural ; 36).Editor: Santiago de Compostela : Edicións Positivas , 2022 Edición: 1ª ed.Descrición: 99 p. ; 23 cm.ISBN: 9788412475449.Materia(s): Gelmírez, Diego (ca. 1068-1140) | Gelmírez, Diego (ca. 1068-1140) | Braga (Portugal) - -- Historia | Braga (Portugal) - -- Historia | Santiago de Compostela - -- Historia - -- 411-1487 (Edad Media) | Santiago de Compostela - -- Historia - -- 411-1487 (Idade Media)Resumo: Este texto naceu en resposta a unha petición que o autor recibiu da editorial para axudar a cubrir un oco en relación cun tema, o Pío Latrocinio perpetrado polo arcebispo compostelán don Diego Xelmírez en varias igrexas de Braga, que abriu un período histórico de hostilidade entre a sé compostelá e a bracarense que tardaría séculos en superarse. Aínda que o tema ten recibido cumprida atención en múltiples estudos históricos, sorprendentemente non tivo o eco na memoria popular que, segundo pensamos autor e editor, cabería agardar. Ese é o oco que se pretende atender e, a partir del, apuntar apenas algunhas outras vellas inimizades que algo fixeron para que galegos e portugueses, veciños e irmáns en tantas cousas, viviran moito tempo, sempre demasiado, de costas viradas. Ter coñecemento delas se cadra, iso agardamos, poderá contribuír a que, onde onte houbo inimizade, haxa hoxe e mañá o que nunca debeu faltar: amizade e irmandade.Este rexistro ten moitos ítems físicos (78). Faga clic aquí para velos todos.
Inclúe índice
Este texto naceu en resposta a unha petición que o autor recibiu da editorial para axudar a cubrir un oco en relación cun tema, o Pío Latrocinio perpetrado polo arcebispo compostelán don Diego Xelmírez en varias igrexas de Braga, que abriu un período histórico de hostilidade entre a sé compostelá e a bracarense que tardaría séculos en superarse.
Aínda que o tema ten recibido cumprida atención en múltiples estudos históricos, sorprendentemente non tivo o eco na memoria popular que, segundo pensamos autor e editor, cabería agardar. Ese é o oco que se pretende atender e, a partir del, apuntar apenas algunhas outras vellas inimizades que algo fixeron para que galegos e portugueses, veciños e irmáns en tantas cousas, viviran moito tempo, sempre demasiado, de costas viradas.
Ter coñecemento delas se cadra, iso agardamos, poderá contribuír a que, onde onte houbo inimizade, haxa hoxe e mañá o que nunca debeu faltar: amizade e irmandade.