Os escaravellos voan á tardiña / María Gripe ; traducción de Carlos Casares
por Gripe, María [autor/a]
; Casares, Carlos [tradutor/a]
.
Tipo: 






Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Número de volume | Dispoñibilidade | Notas | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | IES As Mariñas Sala préstamo | 821.1-4 GRI esc | 1 | Dispoñible | CED020000002496 |
|
Unha casa deshabitada chea de posibilidades. Tres amigos con todo o verán por diante. Cartas antigas que conteñen un misterio e unha maldición que séculos aínda non desvelaron.
Cando David Stendfält, Annika e Jonás Berglund acordan coidar das plantas da propiedade Selander durante o verán, descobren que alí ocorre algo estraño. Comezan a investigar a casa e descobren a existencia dunha planta especial, a selander exipcia, cuxas follas apuntan cara ás escaleiras da casa en lugar de cara á luz, como adoitan facer as plantas, polo que deciden subir as escaleiras. Ademais, cando soou o teléfono, e a pesar de que lles avisaran de non contestar, contestaron, atopándose con Julia Jason Andelius, a propietaria da casa.
Arriba, descobren A Habitación de Verán, na que atopan unha caixa de cartas escritas por Andreas Wiik, discípulo de Linneo, no século XVIII, dirixidas a Emilie Selander. Interesados nesas cartas, os nenos comezan a lelas e descobren que Andreas trouxo esta planta especial dunha das súas expedicións a Exipto e chamouna na honra do seu gran amor, Emilie. Tamén comezan a investigar a desaparición dunha estatua exipcia hai 3.000 anos.
1º-2º ESO