Vista normal Vista MARC Vista ISBD

O último barco / Domingo Villar

por VILLAR, Domingo; Villar, Domingo.
Tipo: materialTypeLabelLibroSeries: Literaria ;383.Editor: Vigo : Galaxia , 2019 Edición: 1ª Ed.Descrición: 794 ;21cm.ISBN: 978-84-9151-304-9.Materia(s): Leo Caldas | LITERATURA | Novelas | Literatura - galego | galego | galego - literatura | Galicia
Contido:
O inspector Leo Caldas recibe a visita dun home alarmado pola ausencia da súa filla, que non se presentou a xantar coa familia na fin de semana nin acudiu o luns a impartir a súa clase de cerámica na Escola de Artes e oficios.
Resumo: A filla do doutor Andrade vive nuna casa pintada de azul, nun lugar onde as praias de ondas mansas contrastan co balbordo da outra beira. Alí, as mariscadoras traballan na area, os mariñeiros guindan os aparellos á auga e os que van traballar á cidade agardan no peirao a chegada do barco que cruza cada media hora a ría de Vigo. Unha mañá de outono, mentres a costa galega se recupera dos estragos dun temporal, o inspector Caldas recibe a visita dun home alarmado pola ausencia da súa filla, que non se presentou a unha comida familiar na fin de semana nin acudiu o luns a impartir a súa clase de cerámica na Escola de Artes e Oficios. E aínda que nada pareza ter alterado a casa nin a vida de Mónica Andrade, Leo Caldas axiña comprobará que, na vida coma no mar, a máis apracible das superficies pode agochar un fondo escuro de devastadoras correntes. Lista(s) nas que aparece este ítem: Samaín
    valoración media: 0.0 (0 votos)
Tipo de ítem Localización actual Sinatura topográfica Número de volume Dispoñibilidade Notas Data de vencemento Código de barras Datos do exemplar
Prestable IES As Mariñas
Sala préstamo
821.1-3 VIL ult 1 Dispoñible CED020000017508

O inspector Leo Caldas recibe a visita dun home alarmado pola ausencia da súa filla, que non se presentou a xantar coa familia na fin de semana nin acudiu o luns a impartir a súa clase de cerámica na Escola de Artes e oficios.

A filla do doutor Andrade vive nuna casa pintada de azul, nun lugar onde as praias de ondas mansas contrastan co balbordo da outra beira. Alí, as mariscadoras traballan na area, os mariñeiros guindan os aparellos á auga e os que van traballar á cidade agardan no peirao a chegada do barco que cruza cada media hora a ría de Vigo.

Unha mañá de outono, mentres a costa galega se recupera dos estragos dun temporal, o inspector Caldas recibe a visita dun home alarmado pola ausencia da súa filla, que non se presentou a unha comida familiar na fin de semana nin acudiu o luns a impartir a súa clase de cerámica na Escola de Artes e Oficios.

E aínda que nada pareza ter alterado a casa nin a vida de Mónica Andrade, Leo Caldas axiña comprobará que, na vida coma no mar, a máis apracible das superficies pode agochar un fondo escuro de devastadoras correntes.

Formación Profesional

Coa tecnoloxía Koha