A revolta dos animais : unha historia fantástica / George Orwell
por Orwell, George [autor/a]; López Dobao, Xosé Antonio [tradutor/a].
Tipo: LibroSeries: Narrativa ;6.Editor: Santiago :Edicións Positivas ,1992 Edición: 1ª ed.Descrición: 102 p ;21cm.ISBN: 8487783139.Materia(s): Fantasía | Tiranía | Valores | SociedadeResumo: Na granxa do señor Jones, os animais non están contentos co seu tipo de vida e planean unha rebelión encabezada polos porcos. Unha noite os animais levántanse en armas e expulsan ós humanos creando un sistema de autogoberno, pero que acaba converténdose nunha tiranía brutal. A novela foi escrita durante a Segunda guerra mundial e, aínda que foi publicada en 1945, non comezou a ser recoñecida ata finais da década de 1950. Constitúe unha crítica velada da Revolución Rusa e unha sátira sobre a corrupción do socialismo soviético nos tempos de Stalin. Ademais, a obra constitúe unha análise sinxela á vez que formidable da corrupción que crea o poder en calquera nivel. Así, a obra posúe un dobre nivel de profundidade, o que fai posible que a mensaxe transcenda o caso particular do réxime soviético, e sexa captado incluso por nenos que nin sequera coñecen a historia da Unión Soviética. Isto conseguiu que o libro sexa utilizado como ferramenta educativa mesmo nos primeiros anos da escolaridade. Lista(s) nas que aparece este ítem: LIBRO CON PELI | Obras en galegoEste rexistro ten moitos ítems físicos (218). Faga clic aquí para velos todos.
A revolta dos animais. Unha historia fantástica é unha novela satírica de George Orwell publicada en 1945 co título orixinal en inglés de Animal Farm. Foi traducida ó galego en 1992 por Antón López Dobao, e en 2010 por Fernando Moreiras co título A granxa dos animais.
Na granxa do señor Jones, os animais non están contentos co seu tipo de vida e planean unha rebelión encabezada polos porcos. Unha noite os animais levántanse en armas e expulsan ós humanos creando un sistema de autogoberno, pero que acaba converténdose nunha tiranía brutal.
A novela foi escrita durante a Segunda guerra mundial e, aínda que foi publicada en 1945, non comezou a ser recoñecida ata finais da década de 1950. Constitúe unha crítica velada da Revolución Rusa e unha sátira sobre a corrupción do socialismo soviético nos tempos de Stalin.
Ademais, a obra constitúe unha análise sinxela á vez que formidable da corrupción que crea o poder en calquera nivel. Así, a obra posúe un dobre nivel de profundidade, o que fai posible que a mensaxe transcenda o caso particular do réxime soviético, e sexa captado incluso por nenos que nin sequera coñecen a historia da Unión Soviética. Isto conseguiu que o libro sexa utilizado como ferramenta educativa mesmo nos primeiros anos da escolaridade.
1º-2º ESO
3º-4º ESO